Rianxo contaba hai máis de tres décadas cun censo de varios centos de embarcacións que a situaban á fronte da actividade pesqueira da comarca. Daquela afrontou a construción dun peirao para o amarre da flota, todo un acontecemento que daba resposta a unha vella reivindicación. A localidade sempre mirou ao mar e a súa zona portuaria mantense como un dos puntos neurálxicos da súa enerxía. O mexillón é o produto estrela. Á súa lonxa chegan as mellores ameixas, berberechos e volandeiras.
O porto deportivo, con 118 amarres, é perfecto grazas ao abrigo dos seus diques e á súa situación privilexiada no interior da ría, de augas tranquilas e lonxe do mar aberto.
En Rianxo está o Museo do Mar, eixo do proxecto Rianxo, o mar feito tradición.